O comercio do Porriño consolidase como Centro Comercial Aberto do Porriño “MOREA” en outubro de 2006, co obxectivo de facer frente a un novo e cambiante contexto propiciado por factores como: a introdución de novas formas de distribución, cambios nos hábitos de consumo ou a incorporación de novas tecnoloxías.
Esta foi unha iniciativa da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), co respaldo da Consellería de Innovación e Industria e o Concello do Porriño.
A creación do C.C.A. do Porriño “MOREA”, é un plan de mellora da competitividade do conxunto do comercio, hostalaría e servizos que consiste, entre outros aspectos, en crear e manter unha imaxe común, uns servizos conxuntos, un entorno máis atractivo e unha xestión unitaria, aínda que conservando sempre a independencia dos establecementos que participan.