Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA | Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño ACIPOR

Publicidade e dinamismo

MOREA

Manter vivo o comercio local no Porriño é o noso obxectivo

Campañas

Ao longo do ano Morea pon en marcha diversas campañas de dinamización do comercio local do Porriño. Así mesmo participa na organización e coordinación de importantes eventos realizados no Porriño e organizados polo Concello do Porriño e outras administracións públicas.

comercio local campaña otoño ventas
Campaña Outono

Co obxectivo de fomentar as ventas de cara ao outono, logo da campaña escolar e co apoio da Xunta de Galicia, sacamos á rúa unha campaña de “Rasca e gaña” onde cada comercio adherido premia a clientes cun cupón onde poden obter premios directos e tarxetas regalo. Esta campaña está concebida para revitalizar as compras nesta épocoa do ano.

rebajas
Rebaixas

Nunha aposta pola proximidade e a calidade, a asociación de comerciantes acompaña aos establecementos asociados na campañ de rebaixas, tanto en época de Nadal como no verán. Etiquetas de “antes” e “despois”, cartelería para escaparates e apoio nas nosas redes sociais.

descuentos black friday
Black Friday

O venres negro converteuse nos últimos anos nun día decisivo para as compras antes da tempada navideña e nós, como asociación impulsora do comercio local, queremos facilitar a celebración deste día aos nosos asociados, poñendo en marcha un sistema de premios por compra e dinamizando a rúa con actividades para os máis pequenos, música e diversión que fomenten a visita ao comercio local.

mercado outlet comercio
Merca na rúa

Feira de oportunidades na zona peonil do centro da vila do Porriño. Os comercios participantes sacan á rúa as súas mellores ofertas en stock para liquidar os restos das tempadas con grandes descontos para os clientes. Levamos organizadas máis de 20 edicións, con dúas feiras de oportunidades ao ano.

regalo día del padre
Día do Pai

Campaña de dinamización a través do punto de venta e de redes sociais onde se premia a compra destinada a celebrar co comercio local do Porriño o 19 de marzo a través de sorteos de cheques de compra para os clientes.

día de la madre comercio local
Día da Nai

Campaña de dinamización a través do punto de venta e de redes sociais onde se premia a compra local nesta data, moi significativa para o comercio local, con sorteos de cheques de compra para os clientes.

Traducir