Bases para o sorteo de 2 tarxetas regalo MOREA para o Día da Nai 2025
“RIFAS E WEB”
OBXECTO
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), desenvolverá entre os días 22/04/2025 ao 04/05/2025, unha campaña de Promoción do Comercio de Porriño para a data do Día da Nai, na cal poderán participar tódolos establecementos comerciais integrados en ACIPOR.
Esta Campaña pretende transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras naqueles establecementos adheridos
PREMIOS
2 tarxeta regalo MOREA de 100€.
DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN
Trátase dunha promoción de balde dirixida aos clientes-consumidores das empresas asociadas participantes. Pode participar calquera persoa física que realizara algunha compra ou servizo no comercio durante o periodo de vixencia da promoción (do 22/04/2025 ao 04/05/2025).
PROCEDEMENTO DO SORTEO A TRAVÉS DAS RIFAS EN PAPEL
O sistema promocional consiste en que cada establecemento que participe entregue de xeito voluntario e gratuito, as rifas aos consumidores polas compras realizadas, na cantidade que cada establecemento estime oportuno.
Os boletos deberán cumplimentarse co nome os dous apelidos do participante e teléfono, e irán debidamente seladas polo establecemento no que se realiza a compra. No caso de que falte algún dato ou fose ilexible, declararánse non válidos.
As rifas totalmente cubertas e debidamente seladas deberán entregarse polos establecementos participantes o día 5 maio de 2025, na sede de ACIPOR en horario de 9:30 a 14:00 horas. As rifas que non sexan entregadas no prazo establecido quedarán fóra do sorteo.
O sorteo realizaráse o mércores 7 de maio de 2025, ás 20:30 horas na sede da asociación, onde poderán asisitir todos aqueles socios que o desexen. Mediante extracción de papeletas quitaránse 1 rifa gañadora e 1 suplente.
PROCEDEMENTO DO SORTEO A TRAVÉS DA WEB www.ccamorea.es
A promoción realizaráse entre as compras e servizos feitos dende o día 22/04/2025 ao 04/05/2025. A forma de participar será mercando nos establecementos asociados e subindo fotografía do ticket a https://www.ccamorea.es (apartado sorteo).
O sorteo realizaráse o mércores 7 de maio de 2025, ás 20:30 horas, na sede de ACIPOR.
Nesta campaña poderán participar tódolos clientes maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas neste apartado, e que realicen unha compra ou servizo por calquera importe nos establecementos asociados ao CCA morea – ACIPOR entre o 22 de abril e o 4 de maio de 2025.
Os clientes participantes deberán conservar o ticket da compra ou servizo realizado a fin de dispor dun xustificante.
A forma de participar é a seguinte:
O cliente poderá rexistrar o seu ticket para participar nesta campaña no apartado “SORTEO” na web www.ccamorea.es cubrindo os datos necesarios para efectuar o correspondente rexistro da compra ou servizo realizado, que lle dará dereito a unha participación no sorteo. So poderán facer un rexistro polo mesmo ticket emitido, e cada operación rexistrada equivale a unha participación. Cantos máis tickets se rexistren, máis participacións se obteñen e máis posibilidades de gañar.
A realización do sorteo será de xeito dixital mediante unha APP que elexirá aleatoriamente 1 premiado e 1 suplente entre tódolos participantes.
ENTREGA E ACEPTACIÓN DO PREMIO
ACIPOR poráse en contacto cos gañadores no número de teléfono indicado ao participar na promoción. Unha vez contactado o gañador deberá confirmar a súa aceptación do premio. No suposto de que o gañador non aceptara o premio nas condicións e prazos establecidos ou non pudiera ser localizado mediante os datos facilitados, pasarase a identificar aos suplentes por orde, seguindo idéntico proceso.
ACIPOR será quen estableza o lugar e data para facer entrega dos premios, que poderá ser mediante acto público.
Será obligatorio recoller o premio o día que ACIPOR estableza ao contactar coa persoa gañadora. De non ser así, o premio quedaría anulado.
LIMITACIÓNS PARA PARTICIPAR
Os gañadores dos premios non poderán ser o propietario/titular/socio os seus empregados, cónxuxe, nin familiar de 1º grao descendente ou ascendente (fillo/pais) do establecemento onde fóra realizada a compra. Dada a imposibilidade material por parte de ACIPOR de identificar as persoas mencionadas anteriormente, de resultar calquera de elas agraciadas e de coñecerse tal circunstancia, excluírase como premiado aplicándose o mecanismo referente ao suplente.
Así mesmo, se a persoa que figura no boleto gañador fose un menor, poderá representalo os seus pais ou titor legal.
TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
De conformidade co disposto na L.O. 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, e en cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación escrita vía e-mail a acipor@acipor.com ou enviando ao enderezo postal da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) sita na Praza do Concello, 4 -2ºA Porriño, Pontevedra. Informalle que os datos persoais por vostede facilitados únicamente serán empregados para a realización do sorteo no que participa. Procedéndose a súa destrución, e tan só no caso de resultar premiado, serán publicados na forma en que a asociación estime oportuna.
CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
Os gañadores desta promoción autorizan a ACIPOR a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria que esté relacionada con esta promoción, todo elo en calquera medio e sen que dita actividade lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún coa expceción feita da entrega do premio gañado conforme a esta bases.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases. Para verificar esta aceptación ao participante solicitaráse a aceptación expresa no momento da comunicación do premio.
O Porriño, marzo/2025.