Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA | Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño ACIPOR

Aparcar e mercar

FÁCIL CON MOREA

Manter vivo o comercio local no Porriño é o noso obxectivo

Unha hora de aparcamento gratis

A asociación de comerciantes do Porriño ACIPOR pon en marcha unha nova campaña de dinamización do comercio local do Porriño. Unha hora de aparcamento gratis para as persoas que realicen a súa compra nos comercios do Porriño adheridos a esta campaña. O obxectivo é poñerllo fácil aos nosos clientes e que o aparcamento non sexa un impedimento para mercar no Porriño.

Explicámosche a continuación en qué consiste a campaña e o material de apoio gratuíto que recibirás como establecemento asociado:

  • Baixo o lema Fácil, aparcar e mercar lanzamos a campaña de dinamización do comercio no Porriño!
  • Merca un taco de 30 tiquets para regalar entre os teus clientes. 
  • O taco custa 15 €. Cada hora que regales aos teus clientes terá un custe para ti de 0,30 €. 
  • Recibirán 1 hora de aparcamento gratuito no Parking Cota 7 da Avenida de Galicia, o tiquet non caduca.
  • Deste xeito premiarás a súa compra e contribuirás a súa fidelización.
  • Se decides unirte á campaña, recibirás o seguinte material de apoio:
  • Redes Sociais
  • Display para mostrador
  • Adhesivo para cristal

Ponte en contacto coa asociación de comerciantes para resolver calquera dúbida.

Traducir