Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA | Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño ACIPOR

Centro Comercial Aberto

MOREA

MOREA | Acipor. Manter vivo o comercio local no Porriño é o noso obxectivo

Quen somos?

MOREA é o Centro Comercial Aberto do comercio do Porriño, promovido pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño ACIPOR, co respaldo da Xunta de Galicia e o Concello do Porriño.
O Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA creouse en outubro de 2006, co obxectivo de facer fronte a un novo e cambiante contexto propiciado por factores como a introdución de novas formas de distribución, cambios nos hábitos de consumo e de compra ou a incorporación de novas tecnoloxías.
A finalidade da nosa asociación é mellorar o comercio de Porriño, fortalecer Porriño como un centro comercial aberto, que aporte dinamismo e modernidade á vida diaria. Así mesmo queremos ser unha voz única ante a Administración local e autonómica.
MOREA está formada por máis de 100 establecementos asociados pertencentes aos sectores do comercio, a hostalería e os servizos.

Obxectivos da asociación de comerciantes

MOREA creouse en 2006 para fortalecer o comercio local do Porriño

1

Defender os intereses comúns dos nosos establecementos e empresas asociadas dende a unidade.

2

Representar, defender, coordinar, xestionar e promover os intereses comerciais, económicos, sociais, laborais e profesionais de todos os seus membros.

3

Ofrecer servizos xerais (para todos os socios), específicos (por sectores) e individualizados (por establecemento ou persoa).

4

Promover e desenvolver xuntos un sector de servizos máis relevante na vila do Porriño e ofrecer as mesmas vantaxes sen ter que desprazarse fóra. Ao mesmo tempo, invita a aqueles establecementos que non pertenzan a ela a que poidan pertencer.

5

Dinamizar comercialmente o Concello do Porriño.

6

Manter vivo o comercio local.

7

Promover a imaxe de calidade e servizo do noso comercio.

8

Poñer a disposición dos membros a formación e información necesarias para facilitar a súa xestión diaria.

9

Promover a formación continua dos asociados mediante accións formativas para axudar a mellorar a estratexia de xestión dos establecementos comerciais.

10

Representar aos socios ante as distintas administracións.

11

Actuar como voceiro permanente e único ante os medios de comunicación.

12

Promover e anunciar o pequeno comercio da vila do Porriño para dar a coñecer os diferentes establecementos asociados.

13

Promover a posta en marcha de actividades comerciais, de hostalería, profesionais e de servizos.

14

Xestionar todas as axudas, plans e programas, tanto públicos como privados, relacionados coa finalidade da Asociación, calquera que sexa o seu ámbito territorial.

Organigrama

A nosa asociación de comerciantes e industriais do Porriño está rexida por unha Xunta Directiva formada e elixida polos representantes dos comercios e empresas asociadas. Esta Xunta toma as últimas decisións, reuníndose frecuentemente para tratar os temas de interese. Ao longo do ano celébranse varias asembleas xerais con todos os socios onde se poden presentar preguntas, ideas, proxectos, propostas, etc.

Na actualidade a xunta directiva de ACIPOR está formada por:

Presidenta: Juana Pérez Rodríguez

Tesoureira: Raquel Alonso Sanandrés

Secretaria: Ana Lucía Fernández Vázquez

Vocais: Beatriz Gándara Martínez, Mª Pilar Illanes Queijo, Mª Carmen Acuña Lorenzo, Mª Teresa Rodríguez Presa, Rocío Giráldez Lemos, Divina Salud Cid Campos

Traducir