Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA | Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño ACIPOR
Regala fidelización
MOREA
Manter vivo o comercio local no Porriño é o noso obxectivo
Tarxeta Regalo MOREA



É unha tarxeta prepago que permite escoller un agasallo cun importe de 20, 30 ou 50 euros que o cliente merca e regala. É o agasallo perfecto para calquera ocasión porque se adapta a todas as persoas. Non ten caducidade, pódese usar en todos os comercios asociados. Este tipo de tarxetas, ou mellor dito o uso que se lle dá, aumenta as posibilidades de venda, xa que facilita moito a tarefa de buscar un agasallo ideal.
A asociación dispón deste servizo que nos sitúa na liña das grandes firmas comerciais e que é un elemento dinamizador do noso comercio e unha ferramenta de fidelización do cliente.
A tarxeta regalo pódese adquirir nas nosas librerías asociadas Paz, Copi–Rey e Recondo e pódese consumir nos más de cen comercios asociados que forman o Centro Comercial Aberto do Porriño.