Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA | Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño ACIPOR
Ser MOREA ten premio
MOREA
Manter vivo o comercio local no Porriño é o noso obxectivo
Vantaxes e beneficios dos socios de MOREA
Os establecementos asociados dispoñen dunha serie de vantaxes:
Presenza en internet www.ccamorea.es
Se es membro de Morea terás presenza gratuíta na nosa web www.ccamorea.es. A través dun buscador aparecen todos os establecementos asociados e un ficheiro de cada un deles cos datos principais e unha ligazón ao seu sitio web e/ou redes sociais no caso de que os teñan. Pódense localizar por nome, rúa ou por sector.
Acordos económicos
• Convenios financeiros co Banco Sabadell e Abanca con comisións máis baixas e produtos financeiros vantaxosos.
• Convenio co despacho de avogados David Rodríguez Groba.
• Desconto no abonos mensual do Parking Cota 7 (25 euros) para empregados e autónomos.
• Descontos publicitarios en Xornal XXI.
Campañas de dinamización
Participación en campañas de dinamización do Porriño e de promoción do noso comercio. Ofrécense carteis publicitarios gratuítos e aquel material, como talonarios, necesarios para determinadas campañas publicitarias que Morea leva a cabo ao longo do ano. Participar nas distintas campañas: Nadal, Día do Pai, Día da Nai, Pinchorriño, A Feira do Pan, etc.
Material de apoio á venda
- Tarxeta regalo. A asociación dispón deste servizo que nos sitúa na liña das grandes firmas comerciais e que é un elemento dinamizador do noso comercio e unha ferramenta de fidelización do cliente.
- Ofrécense bolsas gratuítas en diferentes tamaños como apoio á venda e como elemento unificador da imaxe do comercio local do Porriño.
- Tarxetas de rebaixas. Ponse á disposición gratuíta dos establecementos e empresas asociadas tarxetas de prezos e de rebaixas como reforzo no punto de venta.
- Urnas publicitarias. Diversas campañas publicitarias levan asociadas sorteos como premios ás comparas realizados no Porriño. Temos unhas urnas publicitarias que son un elemento unificador da nosa imaxe e que teñen presenza en todos os nosos asociados.
- Etiquetas para regalo. Coa finalidade de dar imaxe unha imaxe global e de calidade cada comercio dispón gratuitamente de cartonciños para envoltorios.
Publicidade
- Mobiliario urbano: paneis publicitarios onde aparece o plano do Porriño e a relación dos socios.
- Publicidade exterior: valo publicitario nunha zona estratéxica do Porriño.
- Anuncios en prensa: aparición en anuncios publicitarios de prensa escritos como xornais ou revistas.
- Anuncios en internet: aparición en anuncios web da asociación.
- Redes sociais: aparición no facebook da asociación.
- Patrocinio deportivo: presenza en instalacións deportivas municipais.
- Roldas de prensa: actos de prensa onde se dá cobertura ás nosas actividades e campañas.
Aparcamento gratuíto para compras
- Desconto en cada tícket de aparcamento dunha hora, que se ofrece como un agasallo para os clientes. Un talonario de vales de aparcamento por unha hora no Parking Cota 7, ten un custo de 15 euros.