Campañas
Ao longo do ano Morea pon en marcha diversas campañas de dinamización do comercio local do Porriño. Así mesmo participa na organización e coordinación de importantes eventos realizados no Porriño e organizados polo Concello do Porriño e outras administracións públicas.

Días Tolos
Descontos, agasallos e sorteos de entradas. Durante estas dúas xornadas os establecementos adheridos ofrecen importantes descontos directos de ata o 20%. Ademais, por cada compra realizada os clientes poderán solicitar un sobre sorpresa, co que obter agasallos e rebaixas directas no mesmo momento.

Tarxeta Activa Comercio
Unha innovadora campaña de descontos coa que os clientes poderán aforrar ata 10 euros por 40 euros de compra, o que supón un desconto efectivo do 25%. O máis innovador é o xeito de levalo a cabo: trátase dunha tarxeta con validez en todos os establecimentos asociados a Acipor, que ten un custe de 30 euros para o cliente, pero un saldo de 40€.

Campaña Outono
Co obxectivo de fomentar as ventas de cara ao outono, logo da campaña escolar e co apoio da Xunta de Galicia, sacamos á rúa unha campaña de «Rasca e gaña» onde cada comercio adherido premia a clientes cun cupón onde poden obter premios directos e tarxetas regalo. Esta campaña está concebida para revitalizar as compras nesta épocoa do ano.

Rebaixas
Nunha aposta pola proximidade e a calidade, a asociación de comerciantes acompaña aos establecementos asociados na campañ de rebaixas, tanto en época de Nadal como no verán. Etiquetas de «antes» e «despois», cartelería para escaparates e apoio nas nosas redes sociais.

Black Friday
O venres negro converteuse nos últimos anos nun día decisivo para as compras antes da tempada navideña e nós, como asociación impulsora do comercio local, queremos facilitar a celebración deste día aos nosos asociados, poñendo en marcha un sistema de premios por compra e dinamizando a rúa con actividades para os máis pequenos, música e diversión que fomenten a visita ao comercio local.

Merca na rúa
A feira de oportunidades celébrase dúas veces ao ano na zona peonil do centro da vila. Os comercios participantes sacan á rúa as súas mellores ofertas para liquidar productos das tempadas pasadas con grandes descontos para as consumidoras. Levamos organizadas máis de 30 edicións e a tradición continúa.

Día do Pai
Campaña de dinamización a través do punto de venta e de redes sociais onde se premia a compra destinada a celebrar co comercio local do Porriño o 19 de marzo a través de sorteos de cheques de compra para os clientes.

Día da Nai
Campaña de dinamización a través do punto de venta e de redes sociais onde se premia a compra local nesta data, moi significativa para o comercio local, con sorteos de cheques de compra para os clientes.