Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA | Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño ACIPOR

Un regalo seguro

Tarxeta regalo de 20, 30 ou 50 euros para gastar no Porriño

Manter vivo o comercio local no Porriño é o noso obxectivo

Unha tarxeta Regalo para gastar no Porriño 

tarxeta regalo
tarxeta regalo de 50 euros
tarxeta regalo

É unha tarxeta prepago que permite escoller un agasallo cun importe de 20, 30 ou 50 euros que o cliente merca e regala. É o regalo perfecto para calquera ocasión porque se adapta a todas as persoas. Non ten caducidade, pódese usar en todos os comercios asociados. Este tipo de tarxetas aumenta as posibilidades de venda no comercio local, fideliza ao público e é un gancho para regalar nos comercios do Porriño, grazas á comodidade e variedade de compras que ofrecemos,… facilita moito buscar un agasallo ideal.

A asociación dispón deste servizo, que nos sitúa na liña das grandes firmas comerciais e que é un elemento dinamizador do noso comercio e unha ferramenta de fidelización do cliente.

A tarxeta regalo pódese mercar nas librerías asociadas de Porriño Librería Paz e Librería Copisteróa Copi–Rey e pódese gastar nos más de 100 comercios asociados que forman o Centro Comercial Aberto do Porriño, falamos de tendas de moda, calzado, electrodomésticos, beleza, instaladoras, accesorios,…

Traducir