Bases para o sorteo de entradas para o Festival Petra Rosa 2026 – Campaña Días Tolos “WEB”

OBXECTO

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), desenvolverá  os días 19 e 20 de xuño de 2026, unha campaña de Promoción do Comercio de Porriño para a campaña Días Tolos, na cal poderán participar tódolos establecementos comerciais integrados en ACIPOR.

Esta Campaña pretende transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras  naqueles establecementos adheridos a ACIPOR, ofrecendo a posibilidade de acadar  entradas para os concertos de: Pablo López, Antonio Orozco e Sergio Dalma no Festival Petra Rosa os días 26, 27 e 28 de xuño.

PREMIOS

2 entradas (1 dobre) para o concerto de Pablo López.

2 entradas (1 dobre)  para o concerto de Antonio Orozco.

2 entradas (1 dobre)  para o concerto de Sergio Dalma.

DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN

Trátase dunha promoción de balde dirixida aos clientes-consumidores das empresas asociadas. Pode participar calquera persoa física que realizara algunha compra ou servizo superior a 5€ no comercio durante o periodo de vixencia da promoción (19 e 20 de xuño de 2026).

PROCEDEMENTO DO SORTEO A TRAVÉS DA WEB www.ccamorea.es

A promoción realizarase entre as compras e servizos feitos os días  19 e 20 de xuño.  A forma de participar será mercando nos establecementos asociados e subindo fotografía do ticket a https://www.ccamorea.es (apartado sorteo).

 O sorteo realizaráse o luns 22 de maio de 2026, ás 20:30 horas, na sede de ACIPOR.

 Nesta campaña poderán participar  tódolos clientes maiores de idade, que  rexistren o seu ticket a tal efecto seguindo as indicacións detalladas neste apartado, e que realicen unha compra ou servizo por importe igual ou superior a 5€,  nos establecementos asociados ao CCA Morea – ACIPOR  Os días 19 e 20 xuño de 2026.

Permitiráse o rexistro de tickets na web ate o día 21 de xuño

Os clientes participantes deberán conservar  o ticket da compra ou servizo realizado a fin de dispor dun xustificante.

 A forma de participar é a seguinte:

O cliente poderá rexistrar o seu ticket  para participar nesta campaña no apartado “SORTEO” na web www.ccamorea.es cubrindo os datos necesarios para efectuar o correspondente rexistro da compra ou servizo realizado, que lle dará dereito a unha participación no sorteo. So poderá facerse un rexistro polo mesmo ticket emitido, e cada operación rexistrada equivale a unha participación. Cantos máis tickets se rexistren, máis participacións se obteñen e máis posibilidades de gañar.

A realización do sorteo será de xeito dixital mediante unha APP  que elexirá aleatoriamente 3 premiados e 3 suplentes entre tódolos participantes.

ENTREGA E ACEPTACIÓN DO PREMIO

ACIPOR poráse en contacto cos gañadores  no número de teléfono indicado ao participar na promoción. Unha vez contactado o gañador deberá confirmar a súa aceptación do premio. No suposto de que o gañador non aceptara o premio nas condicións e prazos establecidos ou non pudiera ser localizado mediante os datos facilitados, pasarase a identificar aos suplentes por orde, seguindo idéntico proceso.ACIPOR será quen estableza o lugar e data para facer entrega dos premios, que poderá ser mediante acto público.

Será obligatorio recoller o premio o día que ACIPOR estableza ao contactar coa persoa gañadora. De non ser así, o premio quedaría anulado.

LIMITACIÓNS PARA PARTICIPAR

Os gañadores dos premios non poderán ser o propietario/titular/socio os seus empregados, cónxuxe, nin familiar de 1º grao descendente ou ascendente (fillo/pais) do establecemento onde fóra realizada a compra. Dada a imposibilidade material por parte de ACIPOR de identificar as persoas mencionadas anteriormente, de resultar calquera de elas agraciadas e de coñecerse tal circunstancia, excluírase como premiado aplicándose o mecanismo referente ao suplente.

TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

De conformidade co disposto na L.O. 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, e en cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación escrita vía e-mail a acipor@acipor.com ou enviando ao enderezo postal da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) sita na Praza do Concello, 4 -2ºA Porriño, Pontevedra.   Infórmalle que os datos persoais por vostede facilitados únicamente serán empregados para a realización do sorteo no que participa. Procedéndose a súa destrución, e tan só no caso de resultar premiado, serán publicados na forma en que a asociación estime oportuna.

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

Os gañadores desta promoción autorizan a ACIPOR a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria  que esté relacionada con esta promoción, todo elo en calquera medio e sen que dita actividade lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún coa expceción feita da entrega do premio gañado conforme a esta bases.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases. Para verificar esta aceptación ao participante solicitaráse a aceptación expresa no momento da comunicación do premio.

 O Porriño, xuño/2026.

 

Traducir