Existe una normativa básica no comercio local publicada pola Xunta de Galicia e que é preciso cumprir. Co obxectivo de continuar mellorando a calidade do sector comercial no Porriño e o servizo que se presta a consumidores, adxuntamos o seguinte enlace, coa información sobre a lexislación de aplicación.
No seguinte documento, baixo o título de «O TEU COMERCIO MELLORA CUMPRINDO» recóllense os principais aspectos da normativa en relación cos horarios comerciais, as promocións de vendas; as follas de reclamacións e garantías e os prezos e medios de pagamento.