Lembra que é totalmente obrigatorio que calquera pequeno comercio en Galicia dispoña de follas de reclamacións. A normativa galega obriga a todas as persoas físicas ou xurídicas (autónomos ou empresas) que comercialicen bens ou presten servizos a consumidores finais a ter estas follas a disposición do público no seu establecemento.
Agora tamén a Xunta de Galicia pon en marcha un sistema de reclamación dixital en materia de consumo co obxectivo de axilizar este proceso e garantir a protección dos dereitos das persoas consumidoras.